Exercicio de escritura 1: o calcetín vermello
Esta primeira entrada vai ser un intento de realizar o primeiro dos exercicios que se propoñen neste blog . O exercicio consiste no seguinte: plantéxasenos a premisa "Pasouse unha hora buscando o calcetín vermello" e temos que enunciar 5 motivos que expliquen esta frase e esbozar 5 personaxes que a poidan protagonizar. Comecemos! 5 motivos que expliquen a frase: O calcetín vermello tiña valor emocional para o protagonista O calcetín formaba parte dun disfraz no que o protagonista necesitaba enfundarse A mascota do protagonista é un pouco traviesita e róuballe prendas de roupa 5 personaxes que a poidan protagonizar Óscar, un neno pequeno Un paiaso que fai malabares nun semáforo (Laura wfff askjdasldjasl) Unha rapaza ao borde do mental-breakdown (can relate jasidjasjdajkda) Pasouse unha hora buscando o calcetín vermello. A súa vida estaba feita un desastre. A pila de roupa sucia que constituía o seu armario podía confirmalo. Nin a parella do únic...