presentación e propósito
Supoño que isto vai ser un simple rincón de basura no que baleirar a miña mente e abstraerme cando máis o necesite, como é o caso agora mesmo.
Non creo que vaia ter un propósito definido. Por ahora quero enfocalo a realizar exercicios de escritura con ánimo de poder traballar na única ferramenta que me axuda a levar a realidade. Pero -como todo o que empezo- se non o acabo abandonando, acabarase perdendo o propósito inicial e derivando en calquera outra cousa que tamén me durará dous días ata que a cambie por outra.
Non sei se isto é sinal de fracaso ou simplemente é así como funcionamos a maioría dos seres humanos. O certo é que prefiero non pensalo. Bloqueo eses pensamentos e simplemente déixome somerxir pola que sea a distracción do momento.
Espero que esto se convirta nunha especia de caderno de bitácora da miña xornada no mundo da escritura, e que -se hai alguén aí- me acompañe nel.
Laura.
Comentarios
Publicar un comentario