Exercicio de escritura 1: o calcetín vermello
Esta primeira entrada vai ser un intento de realizar o primeiro dos exercicios que se propoñen neste blog.
O exercicio consiste no seguinte: plantéxasenos a premisa "Pasouse unha hora buscando o calcetín vermello" e temos que enunciar 5 motivos que expliquen esta frase e esbozar 5 personaxes que a poidan protagonizar. Comecemos!
5 motivos que expliquen a frase:
- O calcetín vermello tiña valor emocional para o protagonista
- O calcetín formaba parte dun disfraz no que o protagonista necesitaba enfundarse
- A mascota do protagonista é un pouco traviesita e róuballe prendas de roupa
5 personaxes que a poidan protagonizar
- Óscar, un neno pequeno
- Un paiaso que fai malabares nun semáforo (Laura wfff askjdasldjasl)
- Unha rapaza ao borde do mental-breakdown (can relate jasidjasjdajkda)
Pasouse unha hora buscando o calcetín vermello. A súa vida estaba feita un desastre. A pila de roupa sucia que constituía o seu armario podía confirmalo. Nin a parella do único calcetín que tiña limpio podía encontrar.
Sentouse na cama -que aínda estaba desfeita, a pesar de ser xa as 5 da tarde-, derrotada. Fundiu a cara entre as mans e comezou a chorar. Non polo calcetín, non polo desastre, sinon polo peso que constituía a súa propia existencia. Simplemente chorou. Chorar convertírase nun mal hábito que a levaba acompañando desde fai uns meses.
Cando despertou doíalle a cabeza. Podía ver a través das rendixas da persiona que xa se puxera o sol. Foi entón cando recordou que volvera deixar plantada a súa amiga. Suspirou.
e quero seguir escribindo pero a presión do peito estame aprisionando a min ahora mesmo. Ata as tarefas máis sinxelas me costan e non debería intentar plasmar iso nos meus personaxes porque me afecta profundamente. Supoño que este primeiro intento de escritura constitúe un fracaso, igual nun futuro o volvo retormar. Non o sei. Agora mesmo tópome moi mal e non quero seguir intentándoo.
Comentarios
Publicar un comentario